Residencia

FALANDO DA SEXUALIDADE

cartel querote sexualidade 21 novembro 2022.jpg

O vindeiro luns  21 de novembro de 2022 de 16:30 a 18:00 h, o alumnado residente do IES Rosalía Mera poderá participar no obradoiro sobre educación sexual para adolescentes "Falando da Sexualidade" do programa Quérote +.

Neste obradoiro se traballará desde a visión sexolóxica de que todo ser humano desenvólvese como ser sexuado que é, de aquí a necesidade de que a educación sexual plural e sen exclusións, teña presenza ao longo do ciclo vital de forma que sirva de ferramenta para coñecerse, aceptarse e vivirse satisfactoriamente.

Na adolescencia aflora a expresión do desexo, o reclamo da intimidade, as primeiras decisións de compartir ou non encontros sexuais e as condicións nas que se desexa acontezan, as primeiras relacións de parella, e cómpre ter unha información fiable previa para poder sentirse seguros/as para decidir actuar sentíndose coherentes consigo mesmos.

Obxectivos:

  • Crear un espazo seguro para poder ter información científica sobre a sexualidade
  • Facilitar a toma de conciencia sobre a responsabilidade nas relacións afectivas
  • Coñecer como previr as consecuencias non desexadas das condutas eróticas
  • Reflexionar sobre os propios desexos e a diversidade existentes