Residencia

Charla - Coloquio Educación Inclusiva

cartel charla coloquio educacion inclusiva 30 xaneiro 2023.jpg

O vindeiro luns 30 de Xaneiro de 2023 o alumnado da residencia IES Rosalía Mera poderá participar nunha charla - coloquio sobre a Educación Inclusiva. Acompañarannos Antón Fontao Saavedra e Marta Casal Cacharrón participantes no documental de Cecilia Barriga: "Educación Inclusiva. Quererla es Crearla".

Esta actividade busca ser un aliciente para xerar debate, conversación, análise e crítica sobre a educación que temos e a posible. O alumnado residente terá a gran oportunidade de conversar con estas dúas persoas que participan neste documental, escoitalos e tamén expresar as súas vivencias e a súa visión sobre este tema.