Secretaría

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA CICLOS DE FP CON PRAZAS LIBRES


Mércores, 21 de xullo de 2021

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Impresos e documentación necesaria para formalizar a matricula  no IES Rosalía Mera

A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

 

Podedes consultar os ciclos formativos nos que quedan prazas dispoñibles accedendo á páxina da Consellería de Educación no seguinte enlace: 

CICLOS FORMATIVOS CON PRAZAS LIBRES (GRAO MEDIO E SUPERIOR)

 

Outras novas