Residencia

SEMANA DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

cartel semana diversidad funcional diciembre 2021-01.jpg

Ao longo de toda a semana, o alumnado da Residencia Rosalía Mera participará en diversas actividades con motivo da celebración o día 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

 

Participarán nunha Xincana onde se terán que poñer na pel de persoas con diversidade funcional, experimentando as dificultades que teñen ante tarefas sinxelas da nosa vida cotiá.

A nivel deportivo practicarán o Goalball, único deporte paralímpico creado especificamente para persoas cegas ou con discapacidade visual.

No obradoiro semanal "Expresando" abordaremos o capacitismo, que é unha forma de discriminación ou prexuízo social contra as persoas con discapacidade. 

E para finalizar poderán mergullarse un pouco máis na temática coa proxección da película Campeones.