Aberta a inscrición no XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o domingo 3 de marzo de 2024 (inclusive).
Unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representación das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e xuño; nos días consignados no formulario de inscrición.
Toda a información relativa ao certame está a disposición das persoas interesadas na sección de bases e inscricións.