Residencia

OBRADOIROS DE NADAL

obradoiros nadal 2021-01.jpg

Desde o luns 22 de novembro e durante as seguintes semanas o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera participará nos Obradoiros de Nadal.

 

Como cada ano, poderán elaborar elementos decorativos do Nadal para engalanar a residencia e para eles/elas. Este ano elaboraranse os típicos calcetíns de Nadal utilizando feltro e outros materiais de decoración.

E para celebrar o fin de ano poderán crear uns portauvas para despedir como se merece o ano.