Aberta a inscrición no XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o xoves 3 de marzo de 2022 (inclusive).
Unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representación das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e xuño; nos días habilitados no formulario de inscrición.
Toda a información relativa ó certame está a disposición dos/as interesados/as na sección de bases e inscricións.