Secretaría

ABERTO O PRAZO DO PERÍODO DE ADMISIÓN PARA FP BÁSICA. 2021-2022


Mércores, 1 de setembro de 2021

A Dirección Xeral de Educación ven de publicar o calendario do período de admisión para o curso 2019-2020 nas ensinanzas de FP Básica

Calendario de admisión para o curso 2021-2022

O alumnado que cumpra os requisitos para acceder á FP Básica deberá presentar unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante  segundo o  ANEXO I

Documentación que se deberá  presentar, xunto coa solicitude?
  • Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
  • Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
  • Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola re­serva para persoas con discapacidade
  • Certificación académica, se procede, do centro onde cursou o último curso.
Prazo para presentar a solicitude de admisión?

 

Desde o luns 1 ata as 13.00 horas do xoves, 10 de setembro de 2021

Onde se presenta a solicitude? 

 

A solicitude presentarase no centro educativo no que pretenda ser admitido, e no caso de que a docencia do ciclo se organice en dous centros, a solicitude deberá presentarse no centro onde se impartan os módulos asociados a unidades de competencia.

Para máis información podedes pinchar en FP Básica

Otras noticias