Residencia

CERTAME FOTOGRÁFICO "UN RURAL DE FOTO"

cartel_certame_fotografico_2021_mesa_de_trabajo_1.jpg

Aberto o prazo para participar na quinta edición do Certame de Fotografía do IES Rosalía Mera. A temática desta edición é "Un rural de foto".

 

Cada participante poderá presentar unha fotografía orixinal (sacada co móbil) ata o día 21 de novembro de 2021. O certame realizarase a condición de que haxa un mínimo de 5 fotografías rexistradas.

Finalizado o prazo de presentación, farase unha exposición no hall do IES do 29 de novembro ao 3 de decembro de 2021. Durante a exposición todo o alumnado e persoal poderá emitir o seu voto utilizando o código QR da foto a votar. 

A foto gañadora obterá un premio dunha tarxeta regalo do Corte Inglés por valor de 50€. Así mesmo, sortearase un agasallo entre todos os/as votantes.

Todos os/as participantes recibirán de agasallo a fotografía exposta.

A continuación, pódense consultar as bases de participación.