Este Punto Laranxa funcionará como un buzón (físico e virtual) a través do cal o alumnado, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso propias ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.
Se estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!
NON QUEDES calad@, escoitámoste!
1º) Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas segur@.
2º) Localiza o Punto Laranxa no noso centro (zona das galerías)
3º) Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (esta caixa só pode ser aberta polo equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar).