Os nosos alumnos do C.M. Instalacións eléctricas e automáticas Marcos Bechler Ons, Santiago Carro Boullosa e Andrés Travieso Gomes reciben o 1º premio no concurso EDUEMPRENDE IDEA 2022, co proxecto SOLARFILL, S.COOP.
O CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2022: convocado este ano polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en colaboración coa consellería de Cultura, Educación e Universidade, ten como obxectivo potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os galardoados co mellor 1º proxecto reciben os seguintes premios:
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Unha dotación económica de 3.000 €.
Parabéns aos nosos alumnos premiados e a todos aqueles que participaron.
Dende o departamento de FOL e de todo o equipo docente, animámosvos a participar nestes programas de emprendemento e a crear as vosas ideas de negocio.