Secretaría

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE 1º CURSO DE CICLO FORMATIVO PROFESIONAL. CURSO 2021-2022


Martes, 20 de xullo de 2021

O alumnado con praza adxudicada nalgún dos ciclos formativos do IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría deste centro educativo no prazo que abrangue desde o MARTES 20 DE XULLO ÁS 13.00 HORAS DO LUNS 26 DE XULLO DE 2021.

IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR ALTA DE MATRÍCULA 

 

►Impreso matrícula 1º curso:

  • Solicitude de matrícula /renuncia (presencial) en praza adxudicada ( (no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal e no caso de estar separad@s @s proxenitores deberán estar asinada por ambos, tendo que achegar copia do convenio regulador ou sentencia de divorcio).   

  •   Para solicitar matrícula en prazas liberadas empregarase o ANEXO I

 

►Declaración responsable (menores de idade) / Declaración responsable (maiores de idade)

Autorización para saídas, uso de imaxe, creación de conta G-Suite e cesión de datos alumnado

►Documentación:

  • 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • Fotocopia DNI (+ DNIes nai e pai en  caso de menores de idade)
  • Certificación académica do último curso realizado

 

Para máis  información sobre o proceso de matriculación podedes acceder ao seguinte enlace Tramitación de matrículas

 

Outras novas