Secretaría

Ábrese o prazo para a inscrición nas BOLSAS EUROPA FP- PROXECTO ACOREUROPA XI

logo.banner_acorexi.png
Luns, 17 de abril de 2023

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña ven de abrir o prazo para inscribirse no PROGRAMA EDUCATIVO MUNICIPAL BOLSAS EUROPA FP-PROXECTO ACOREUROPA XI (ao que está adscrito o IES Rosalía Mera), para a adxudicación de 11 bolsas para titulados/as de ciclos superiores de FP, para facer prácticas formativas de tres meses de duración (de finais de setembro a decembro de 2023) en empresas de diversos países europeos.

Este programa está dirixido a titulados en ciclos superiores de FP (agás da modalidade Dual) ou de cursos de especialización que acadaron a súa titulación entre decembro de 2022 e xuño de 2023, incluida la FCT (Formación en centros de traballo). E que realizasen os seus estudos nalgún dos 10 centros docentes públicos que participan como socios no programa: CIFP Anxel Casal, CIFP Escola de Imaxe e Son, CIFP Paseo das Pontes, CIFP Someso, IES A Sardiñeira, IES Eusebio da Guarda, IES Fernando Wirtz, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Urbano Lugrís e IES Rosalía Mera. 

 

Onde e como se poden inscribir as persoas interesadas?

As persoas que cumpran cos requisitos da convocatoria e queiran participar neste programa deberán presentar a ficha específica de inscrición (publicada na web www.coruna.gal/educacion ),   xunto coa documentación exisida,  por rexistro presencialmente –con cita previa- en calquera dos rexistros municipais (ubicados no Pazo municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora ou Mesoiro) ou por rexistro electrónico:

• Xustificante da solicitude debidamente cumprimentada e asinada.

• Fotocopia do DNI/NIE ou pasaporte
• Fotografía recente tamaño carné (con nome no reverso).
• Se é o caso, fotocopia do documento de demandante de emprego
• Se é o caso, calquera título oficial de idiomas.

 

Cal é o Prazo de inscrición?

⇒ Do 17 de abril ao 8 de maio de 2023

 

Onde  se pode obter máis información?

Na web www.coruna.gal/educacionno Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña:
Tfos. 981 184 297 e 981 184 200, ext.12114 e correo electrónico  educacion@coruna.gal, 
 nas  Bases da convocatoria Acoreuropa XIe nos centros educativos adscritos ao programa.

Outras novas