O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, inaugurou oficialmente o curso escolar 2021-2022 no IES Rosalía Mera da Coruña. Ao acto asistiu tamén a deputada de Educación, Sandra González, e representantes dos grupos políticos da corporación provincial e da Fundación Paideia.
No exterior do centro inaugurouse un monólito conmemorativo e unha pequena exposición que repasa a pegada que Mera deixou no ámbito empresarial, social e cultural
O presidente destacou que o cambio de denominación do centro "fai honor ao compromiso social e coa educación que caracterizou a traxectoria vital de Rosalía Mera"
Tamén no mesmo acto entregóuselle un diploma e un agasallo os alumnos e alumnas que obteren o mellor expedente do curso pasado.