Residencia

SEMANA DE ENTROIDO

cartel semana de carnaval 2023.jpg

O alumnado da residencia do IES Rosalía Mera poderá participar ao longo da semana en diferentes propostas relacionadas coas festas de Entroido.

Na actividade Recreando o alumnado residente poderá preparar unha máscara personalizada acorde aos seus gustos para poder utilizar nestas festas ou usar de decoración ambiente nesta época festiva do ano.

Durante toda a semana o Meco fará das súas con divertidas consignas que os/as residentes terán que seguir, cada día teranos expectantes ata coñecer a súa nova travesura.

E por primeira vez, a residencia do IES Rosalía Mera converterase nun escenario de Scape Room. A antigüa cafetería transformarase nun laboratorio do que por grupos terán que mostrar o seu enxeño, a súa capacidade de dedución e observación para conseguir resolver os enigmas necesarios para escapar do laboratorio antes do tempo límite. Un xogo de aventura física e mental do  máis divertido.