Como nos cursos anteriores hoxe celebrouse o acto de entrega de orlas, neste acto participaron os alumnos e alumnas de segundo curso dos ciclos formativos de grao medio de electricidade, mecanizado, soldadura, preimpresión en artes gráficas e madeira.
Despois da entrega de orlas por parte dos titores e do director, dirixiuse o público Ismael Fernández en representación dos alumnos e alumnas, a continuación tomou a palabra Genaro García como director do Ies Calvo Sotelo dirixindo unas emotivas verbas a todo o público.
Pra acabar, tivo lugar un aperitivo no que participaron todos os homenaxeados, así como os profesores, delegados e subdelegados do curso, persoal de servizo e membros do consello escolar.
Fotos do acto.