O prazo de recepción de fotografías remata o venres 12 de febreiro de 2021. Poderá participar todo o alumnado e persoal do IES.
Cada participante poderá presentar a concurso unha fotografía na que apareza disfrazado/a, non podendo aparecer outras persoas na mesma. É necesariao que se presenten un mínimo de cinco participantes para poder levar a cabo o concurso.
Unha vez pechado o período de recepción, haberá unha exposición das fotografías participantes no hall de entrada do IES Calvo Sotelo.
Durante este período, todo o alumnado e persoal do centro poderá votar pola súa foto preferida (só se contabilizará un voto por persoa). As votacións realizaranse a través do escaneo dun código QR da foto elixida que redirixirá ao formulario de votación.
Unha vez contabilizados os votos publicarase a foto gañadora do concurso, premiada cunha tarxeta regalo valorada en 50€. Realizarase un sorteo dun agasallo sorpresa entre todos os votantes.
Todos os/as participantes recibirán a súa fotografía da exposición impresa.
De seguido, pódense consultar as bases de participación.