Secretaría

Convocado o Concurso Eduemprende IDEA 2018

eduemprende_def.png
25 de abril de 2018

Publicada a Resolución pola que se convoca o CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018 dirixido ao alumnado das ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño da C.A. de Galicia sostidas con fondos públicos co obxecto de potenciar a realización de proxectos empresarias.

O alumnado que queira participar no CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018 deberá estar matriculad@ no curso 2017-2018 nas ensinanzas de FP, deportivas ou de artes plásticas e deseño sostidas con fondos públicos, asimesmo para participar terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro e  formalizar a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria. Os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo do proxecto a través da aplicación no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

No CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2018 premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada unha dúas modalidades: A) ciclos de grao superior e B) ciclos de grao medio cos seguintes premios:

  • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Asesoramento técnico do IGAPE
  • Dotación económica:
    • 1º premio: 3.000 euros
    •  2º premio: 2.000 euros
    •  3º premio: 1.000 euros

 

O prazo de presentación de solicitudes finalizará o día 5 de maio de 2018

Para máis información podedes acceder a seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/eduemprende-idea

 

Outras novas