Información xeral

INAUGURACION CURSO 2022 2023


A deputada de Educación da Deputación da Coruña, Sandra González, inaugurou oficialmente o curso escolar 2022-2023 no IES Rosalía Mera da Coruña. Ao acto asistiu tamén o director do centro, Genaro García e o actor Quico Cadaval, que deu a lección inaugural.

Sandra González afirmou que "hoxe, o Rosalía Mera é, para orgullo de todos, un centro de referencia". "É referente para moitas empresas da Coruña á hora de buscar técnicos cualificados pero, ademáis, é un centro comprometido coa cidadanía da provincia", sinalou, apuntando á celebración nas súas instalacións do certame de teatro escolar e afeccionado da provincia e do campamento deportivo de verán da Deputación, ademais de ser sede do Clube Calvo Sotelo de fútbol e fútbol sala "que este ano pasará a chamarse Club Rosalía Mera".

FOTOS DO ACTO