Información xeral

Certame Fotográfico "Unha Animalada de Foto"

cartel certamen fotografico 2022.jpg

Un ano máis o alumnado e persoal do IES Rosalía Mera poderá amosar os seus dotes fotográficos participando no Certame Fotográfico. A temática deste ano titúlase "Unha Animalada de Foto". Os participantes presentarán a concurso 1 fotografía inédita, orixinal e non editada na que ensinen a súa visión do mundo animal (mascotas, animais de granxa, animais da rúa, etc.).

Se queres participar consulta as bases de participación pulsando a seguinte ligazón: Bases Certame Fotográfico

O prazo de presentación será do 3 ao 16 de outubro de 2022, e a elección da foto gañadora será a través do voto popular. Para iso realizarase unha exposición das fotos a concurso no hall de entrada do IES, e a través dun código QR accederase ao formulario de votación.

A foto gañadora será premiada cun cheque regalo do Corte Inglés por valor de 50€.

Entre todos os votantes sortearase un agasallo.