Información xeral

VOTACIÓNS CERTAME FOTOGRÁFICO "UNHA ANIMALADA DE FOTO"

cartel instrucciones votacion certamen fotografico 2022.jpg

Comeza o prazo para elixir a foto gañadora desta nova edición do Certame Fotográfico "Unha Animalada de Foto". As votacións estarán abertas ata o vindeiro luns 14 de novembro inclusive.

A exposición das fotos participantes terá lugar no hall do IES Rosalía Mera, todo o alumnado e persoal do centro poderá votar pola súa foto preferida (un único voto por persoa, no caso de mais votos da mesma persoa, soamente se terá en conta o primeiro voto emitido, os seguintes serán eliminados). Entre os votantes sortearase un agasallo.

O autor da foto gañadora do certame recibirá unha tarxeta regalo do Corte Inglés por valor de 50€.

Para votar deberedes escanear o código QR da foto que mais vos guste que os redirixirá ó formulario de votación da foto elixida; seguide as instrucións do formulario, cumprimentade os datos que vos solicita e enviade o voto para que quede rexistrado.

Unha vez finalizado o periodo de votacións, publicarase a foto gañadora e contactaremos co autor da foto e co votante gañador do sorteo dun agasallo.