Residencia

Certame de fotografía "Un Calvo Sotelo de foto"

cartel certame fotografico novembro 2019-02.jpg

Hoxe dará comezo a terceira edición do Certame de Fotografía que este ano ten como protagonista ao Calvo Sotelo. Os/as participantes terán que amosar a súa particular visión del.

As fotografías terán que ser sacadas con teléfono móbil e poderanse presentar ata o día 30 de outubro.

Unha vez finalizado o prazo de admisión, tódalas fotografías participantes serán expostas no hall de entrada do IES entre o 11 e o 19 de novembro e será o día 20 cando se contabilicen as votacións e se coñeza a fotografía gañadora que terá como premio unha tarxeta regalo valorada en 50€.

Tódolos/as participantes recibirán como agasallo a súa fotografía da exposición.