Información xeral

Votacións Certame Fotográfico "Un 2020 de foto"

instrucions certame fotografico 2020.jpg

Hoxe da comezo o prazo para elixir a foto gañadora desta nova edición do Certame Fotográfico, adicado nesta ocasión a este particular ano 2020. As votacións estarán abertas ata o vindeiro xoves día 12 inclusíve.

A exposición das fotos participantes terá lugar no hall do IES Calvo Sotelo, todo o alumnado e persoal do centro poderá votar pola súa foto preferida (un único voto por persoa, no caso de mais votos da mesma persoa, soamente se terá en conta o primeiro voto emitido, os seguintes serán eliminados). Entre os votantes sortearase un agasallo. O autor da foto gañadora do certame recibirá unha tarxeta regalo do Corte Inglés por valor de 50€.

Para votar deberedes elixir a foto que mais vos guste, ca cámara do voso móbil ou APP escanear o código QR da foto que os redixirá a un formulario de votación da foto elixida; seguide as instrucións do formulario, cumprimentade os datos que vos solicita, e premendo o botón de enviar para que o voso voto quede rexistrado.

Unha vez finalizado o periodo de votacións, publicarase a foto gañadora e contactaremos co autor da foto e co votante afortunado gañador do sorteo dun agasallo.