Secretaría

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS VALIDACIÓNS DE MÓDULOS PROFESIONAIS


luns, 20 de setembro

O alumnado do IES Rosalía Mera que queirades  solicitar a validación de estudos cursados con módulos profesionais do ciclo formativo de FP no que estades matriculad@s para o curso 2021-2022 tedes aberto o prazo para solicitar a validación correspondente.

PRAZO PARA PRESENTAR A SOLICITUDE DE VALIDACIÓN DE MÓDULOS PROFESIONAIS?

Prazo máximo de entrega: ata o 8 de outubro de 2021

ONDE HAI QUE PRESENTAR A SOLICITUDE?

Pódese presentar desde o 21 de setembro na Secretaría do IES Rosalía Mera en horario de atención ao público.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA QUE TEDES QUE ENTREGAR?

1) A solicitude de validación de módulos formalizarase no modelo ANEXO XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto ou o anexo IV da Orde ECD/2159, de 7 de novembro, se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Nota: ver códigos de módulos dos ciclos formativos

2) Fotocopia compulsada DNI da alumna ou alumno.

3) Certificación académica oficial onde conste o módulo aprobado para o que solicita a validación.

Para máis información podes consultar o seguinte enlace da páxina web do IES Rosalía Mera Validacións 

Outras novas