Secretaría

Aberto novo prazo de matrícula para ciclos de FP con prazas libres


Martes, 27 de xullo de 2021

A Consellería de Educación abre un novo prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 28 de xullo ás 9:00 horas ata o día 30 de xullo ás 13:00 horas.

 

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

As persoas interesadas nalgún dos ciclos formativos con prazas dispoñibles no IES Rosalía Mera teñen que presentar, xunto á solicitude de matrícula, a documentación  que aparece detallada no seguinte enlace  MATRÍCULA DE ALUMNADO 1º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS. CURSO 2021-2022 

PARA CONSULTAR AS PRAZAS E CICLOS LIBERADOS ACCEDE AO SEGUINTE ENLACE DA CONSELLERÍA:

CICLOS FORMATIVOS CON PRAZAS DISPOÑIBLES

Outras novas