Residencia

OBRADOIRO DE CHAPAS E INICIACIÓN Á ESGRIMA

obradoiro chapas 18_04_2023.jpg

Hoxe Martes 18 de Abril de 2023, o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá poñer a proba a súa creatividade e habilidade no Obradoiro de Chapas e na sesión de Iniciación á Esgrima.

Ás 16:00 h nas instalacións da Casa da Auga recibiranos o Club de Esgrima 100 Tolos, para a segunda sesión de Iniciación á Esgrima. Practicarán as habilidades básicas deste deporte a través do xogo, de forma lúdica utilizando armas de gomaespuma.

Para finalizar o día e xa de volta na Residencia, poderán participar no Obradoiro de creación de Chapas onde poderán crear os seus propios deseños para plasmalos nas chapas.