A Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego do Concello, con motivo da organización das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional, ven de publicar a edición 2023 da Guía Ti Elixes!
Esta guía, cuxa información foi recompilada pola Rede Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, pon a disposición da mocidade unha asesoría educativo-profesional onde se pode obter información e asesoramento neste eido, e consultar as dúbidas e cuestións de interese para a comunidade educativa, como poden ser a oferta de estudos, bolsas, residencias universitarias, prácticas profesionais etc.
As persoas interesadas en coñecer esta guía podedes acceder a ela pinchando no seguinte enlace ►