Información xeral

VOTACIÓNS CERTAME FOTOGRÁFICO "UN RURAL DE FOTO"

cartel instruccions votacion certame fotografico 2021_mesa de trabajo 1.jpg

Hoxe da comezo o prazo para elixir a foto gañadora desta nova edición do Certame Fotográfico "Un rural de foto". As votacións estarán abertas ata o vindeiro mércores 15 de decembro inclusive.

A exposición das fotos participantes terá lugar no hall do IES Rosalía Mera, todo o alumnado e persoal do centro poderá votar pola súa foto preferida (un único voto por persoa, no caso de mais votos da mesma persoa, soamente se terá en conta o primeiro voto emitido, os seguintes serán eliminados). Entre os votantes sortearase un agasallo. O autor da foto gañadora do certame recibirá unha tarxeta regalo do Corte Inglés por valor de 50€.

Para votar deberedes elixir a foto que mais vos guste, escanear o código QR da foto que os redixirá a un formulario de votación da foto elixida; seguide as instrucións do formulario, cumprimentade os datos que vos solicita e premer o botón de enviar para que o voso voto quede rexistrado.

Unha vez finalizado o periodo de votacións, publicarase a foto gañadora e contactaremos co autor da foto e co votante afortunado gañador do sorteo dun agasallo.