Debido ás instrucións das autoridades sanitarias e educativas en relación á prevención da propagación do coronavirus (COVID-19) e lamentándoo moito, temos que comunicar que o XXIII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña vese obrigado polo momento a aprazarse ata despois da Semana Santa.
Esto significaría que mínimo, tódalas obras programadas ata o xoves 16 inclusive, quedan suspendidas. En función de cómo evolucionen os acontecementos tomaránse as determinacións precisas sobre a continuidade da organización do certame.
Asi mesmo, queda anulada tamén a reunión de representantes das compañías e directores e directoras que íamos convocar o día 24 de marzo.
Manterémosvos informados e informadas en todo o que nos sexa posible referente á organización do Certame.
Moitas grazas pola vosa comprensión e desexamos que a situación que actualmente estamos a vivir volva á normalidade o máis pronto posible.
Unha aperta e longa vida ao teatro!
Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña