Residencia

MAGOSTO 2021

cartel magosto novembro 2021-01.jpg

Mañá día 17 de novembro celebrarase o tradicional Magosto na Residencia IES Rosalía Mera.

 

Un ano máis se realizarán diferentes actividades para celebrar o Magosto. Este ano os xogos tradicionais (ra, sacos, soga - tira, zancos, chave, jenga, tres en raia e aro - guía) pasan ao formato torneo, polo que os/as residentes competirán por ver quen é o/a máis habilidoso/a en canto a xogos tradicionais refirese, para alzarse coa vitoria.

A velada tamén contará cunha cea especial a base de empanada, embutidos, croquetas e tortilla; finalizando coa degustación de castañas asadas. Todo iso nun ambiente festivo e lúdico, amenizado con música

As actividades observarán as medidas Covid pertinentes.