Información xeral

O artista Leandro Lamas impartirá no IES Calvo Sotelo o obradoiro "Un debuxo paso a paso" no marco da campaña da Deputación "O galego, a miña lingua propia"

leandro lamas en branco.jpg
23 de maio de 2018

Este venres, 25 de maio, ás 11.45 h. contaremos no IES Calvo Sotelo coa presenza do artista Leandro Lamas que, xunto co alumnado participante, realizará un debuxo paso a paso, e aproveitará para compartir coas mozas e mozos todo o seu saber e o amor polo noso idioma propio. Esta  actividade cultural enmárcase dentro da campaña "O galego, a miña lingua propia" que está a desenvolver a Deputación da Coruña por diferentes centros de ensino dos concellos da provincia.

O galego, a miña lingua propia  é unha campaña de dinamización lingüística posta en marcha pola Deputación da Coruña que nace con vontade de contribuír á posta en valor da lingua galega, ao incremento do seu uso e prestixio, á socialización en galego da mocidade e á toma de consciencia sociolingüística da poboación máis nova da provincia da Coruña, sempre desde unha perspectiva favorábel á diversidade lingüística e cultural e ao coñecemento e valorización da lingua propia, a galega.

A primeira exposición de Leandro Lamas tivo lugar en Ferrol no ano 1998. Desde entón expuxo en varias outras cidades de españa e Portugal. O seu estilo é naïf e caracterízase polo emprego da cor, nos últimos anos é un dos pintores con máis obra, incluída esta tanto en libros ilustrados para todos os públicos, discos,...asi como encargos personalizados e a súa presencia nas redes sociais das que son seguidoras moitas mozas e mozos. O alumnado participante coñecerá as ideas básicas do debuxo co que traballa no seu día a día no seu estudo Leandro, descubrindo e conseguindo resultados realmente sorprendentes para o público participante nos seus obradoiros.