Residencia

Cluedo: O Crime de Villa Mendoza

cluedo 2019 azul-01.jpg

O mércores 13 de marzo de 2019 os/as residentes do IES Calvo Sotelo participarán nunha actividade de rol en vivo.

No xogo formarán grupos de detectives que terán que resolver un misterio baseado no famoso xogo do Cluedo.

Durante a súa investigación coñecerán aos diferentes personaxes da trama, rastrexarán os distintos escenarios para atopar pistas e enfrontaranse a enigmas que poñerán a proba a súa destreza, enxeño e capacidade de dedución na súa procura por descubrir a verdade.