Residencia

Prezi: Curso de Creación de Presentacións

curso prezi 2019_artboard 1.jpg

O curso realizarase os días 20 e 21 de marzo de 2019.
 

Realizarase un microcurso de dúas sesións na que se iniciará ós/ás residentes do IES Calvo Sotelo no manexo da ferramenta para a creación de presentacións Prezi.

Prezi é un programa de presentacións para explorar e compartir ideas sobre un documento virtual baseado na informática na nube. A aplicación distínguese pola súa interfaz gráfica con zoom. As presentacións finais pódense amosar nunha fiestra do navegador web ou ser descargadas.