Residencia

Carreira de Orientación

cartel orientacion maio 2019.jpg

Na tarde do luns 20 de maio os/as residentes do IES Calvo Sotelo participarán nunha carreira de orientación.

Os/as participantes gozarán dunha actividade deportiva no medio natural nunha contorna incomparable coma é o Monte de San Pedro. En pequenos grupos coñecerán as reviravoltas da orientación para competir dun xeito saudable, á vez que traballan a cohesión grupal, a capacidade de negociación, as relacións interpersoais, a conciencia ecolóxica, as capacidades físicas e cognitivas, etc.