Información xeral

Torneo Baloncesto 3x3 IES Calvo Sotelo 2020


Aberto o prazo de inscrición para o Torneo de Baloncesto 3x3 do IES Calvo Sotelo, dende hoxe ata o vindeiro luns día 17 de febreiro.

Pide a túa folla de inscrición na Conserxería do IES.

Poderá participar no torneo todo o alumnado que estea matriculado no IES Calvo Sotelo no curso 2019/2020, alumnado da Residencia e persoal da contorna educativa. Antes de realizar a inscrición é preciso consultar as bases que regulan o torneo: formación dos equipos, datas e horarios do torneo, reglas e normas de competición, normativa displinaria e agasallos.

Poden consultarse as bases premendo no seguinte enlace:

 

Os equipos e/ou árbitros que queiran participar no torneo poderán solicitar o impreso de inscrición e entregalo en conserxería.

 

Está previsto que o torneo comece o xoves 27 de febreiro de 2020, publicaranse as datas estimadas de competición entre o 19 e o 21 de febreiro de 2020.

 

Os equipos teñen que estar formados por 3 xogadores/as da mesma clase, e máximo un fichaxe de outra especialidade.

Os encontros terán lugar no pavillón do IES os martes e xoves entre as 16:00 e as 18:00h.