Secretaría

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos formativos liberados e/ou con prazas vacantes


Mércores, 29 de xullo de 2020

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 29 ás 9:00 horas ata o día 31 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación extraordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario

 

Outras novas