Secretaría

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación extraordinaria. Curso 2020-2021


venres, 18 de setembro de 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ven de publicar as listaxes da convocatoria extraordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.

Réxime ordinario

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o venres 18 de setembro ata as 13:00 horas do martes 22 de setembro de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario empregarase o seguinte modelo:

 - Modelo de documento en formato PDF

Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

Listaxes de espera

- Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

 

NOTA

As persoas ás que lle adxudiquen praza nalgún ciclo formativo do IES Calvo Sotelo pode consultar a DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA MATRICULARSE  no prazo establecido pola Consellería no seguinte enlace da páxina do centro: SECRETARIA 

Outras novas