Secretaría

Aberto o prazo de matrícula en ciclos con prazas vacantes. Curso 2020-2021


Luns, 21 de setembro de 2020

A Consellería de Educación ven de abrir o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 21 ás 9:00 horas ata o día 2 de outubro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Réxime ordinario

 

NOTA

As persoas interesadas en matricularse nalgún ciclo formativo do IES Calvo Sotelo con prazas liberadas pode consultar a DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA MATRICULARSE, dentro do prazo establecido pola Consellería, no seguinte enlace da páxina do centro: SECRETARIA 

Outras novas