Aberto o prazo para participar no Certame de Fotografía do IES Calvo Sotelo. Nesta cuarta edición "Un 2020 de foto", o obxectivo é que reflexedes mediantes as fotos, a vosa visión individual de este ano tan peculiar no que nos atopamos.
Cada participante poderá presentar unha fotografía orixinal que terá que ser sacada con teléfono móbil. O prazo de presentación remata ás 12:00h do venres 30 de outubro.
Compre a presentación dun mínimo de cinco fotografías para poder levar a cabo o certame.
Unha vez pechado o prazo, tódalas fotografías participantes serán expostas no hall de entrada do IES entre o 9 e o 12 de novembro e se abrirán as votacións a todo o alumnado e persoal do centro. Será o día 12 cando se contabilicen estas votacións e se coñeza a fotografía gañadora que terá como premio unha tarxeta regalo valorada en 50€.
Tódolos/as participantes recibirán a súa fotografía da exposición impresa e ademáis, sortearase un agasallo entre tódolos votantes.
A continuación, pódense consultar as bases de participación.