Información xeral

Ampliado prazo inscrición Concurso Disfraces Entroido 2021

cartel concurso disfraces 2021 plazo ampliado comprimido.jpg
Ampliado o prazo para participar no Concurso de Disfraces 2021 IES Calvo Sotelo ata o 12 de febreiro de 2021. Debido ás restricións polo COVID - 19 o concurso será virtual.
 

O prazo de recepción de fotografías remata o venres 12 de febreiro de 2021. Poderá participar todo o alumnado e persoal do IES.

Cada participante poderá presentar a concurso unha fotografía na que apareza disfrazado/a, non podendo aparecer outras persoas na mesma. É necesariao que se presenten un mínimo de cinco participantes para poder levar a cabo o concurso.

Unha vez pechado o período de recepción, haberá unha exposición das fotografías participantes no hall de entrada do IES Calvo Sotelo.

Durante este período, todo o alumnado e persoal do centro poderá votar pola súa foto preferida (só se contabilizará un voto por persoa). As votacións realizaranse a través do escaneo dun código QR da foto elixida que redirixirá ao formulario de votación.

Unha vez contabilizados os votos publicarase a foto gañadora do concurso, premiada cunha tarxeta regalo valorada en 50€. Realizarase un sorteo dun agasallo sorpresa entre todos os votantes.

Todos os/as participantes recibirán a súa fotografía da exposición impresa.

De seguido, pódense consultar as bases de participación.