Aberto o prazo para elixir o disfrace gañador do Concurso de Disfraces Entroido 2021 IES Calvo Sotelo, o alumnado e persoal do centro será o encargado de decidir o/a gañador/a cos seus votos. O prazo para votar finaliza o vindeiro venres 26 de febreiro de 2021 (inclusive).
As fotos dos/as participantes disfrazados/as expoñeranse no hall do IES Calvo Sotelo, todo o alumnado e persoal do centro poderá votar polo seu disfrace preferido (un único voto por persoa, no caso de mais votos da mesma persoa, soamente terase en conta o primeiro voto emitido, os seguintes serán eliminados). Entre os/as votantes sortearase un agasallo. O/a gañador/a do concurso recibirá unha tarxeta regalo por valor de 60€.
Para votar debereis elixir a foto do disfrace que máis vos guste, coa cámara do voso móbil ou APP escanear o código QR da foto que vos redirixirá a un formulario de votación do disfrace selecionado; seguir as instrucións do formulario, cumprimentando os datos que vos solicita, e pulsando o botón de enviar para que o voso voto quede rexistrado.
Unha vez finalizado o período de votacións, publicarase o disfrace gañador e contactaremos co/a gañador/a e co/a votante afortunado/a gañador/a do regalo sorpresa.