Secretaría

Aberto o prazo de inscrición para participar nas probas de acceso a ciclos medios de FP. Convocatoria 2021


luns,15 de marzo de 2021

O prazo de inscrición para participar nas probas de acceso aos ciclos medios de FP estará aberto desde15 ao 26 de marzo de 2021, ambos incluídos.

As persoas que teñades polo menos dezasete anos e non cumprades os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio (persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso) podedes participar nestas probas de acceso cuxa estrutura e a organización das mesmas están definidas no artigo 38.3 do Decreto 114/2010, onde cada parte organizarase en probas de distintas materias, conforme o seguinte:

  • a) Parte sociolingüística:
    •  Lingua castelá.
    •  Lingua galega.
    •  Ciencias sociais.
  • b) Parte matemática:
    • Matemáticas.
  • c) Parte científico-técnica.
    • Ciencias da natureza.
    • Tecnoloxía.

Para participar nestas probas podedes acceder, a través da páxina da Xunta,  á aplicación informática que dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición  telemática a ciclos formativos de grao medio . Se precisades consultar como se cubre a solicitude web ou a clásica podedes ir ao enlace de instrucións para a confección de solicitude

Se queredes máis información sobre estas probas de acceso a ciclos medios de FP  podedes consultar a convocatoria 2020-2021

Outras novas