Secretaría

Convocatoria de Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2020-2021


venres, 16 de abril de 2021

A Consellería de Educación abre a convocatoria do curso 2020-2021 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de FP son do 19 ao 30 de abril de 2021

 

 

Cales son os requisitos que teñen que cumprir as persoas solicitantes?

Cumprir os requisitos de acceso establecidos na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (basicamente, para ciclos medios, título de formación profesional básica, título da ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, ter título de técnico de formación profesional, título de bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:

  • Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
  • Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
  • Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
  • Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

 

► Se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder:

  • As persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada: Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente
  • As persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas poderán matricularse para a realización das probas libres en módulos profesionais do mesmo ciclo formativo.
  • As persoas que superasen o módulo de Formación en centros de traballo, e no caso dos ciclos de grao superior tamén o módulo de Proxecto, nos períodos extraordinarios establecidos no artigo 6.4 da Orde do 28 de febreiro de 2007, de setembro-decembro e de xaneiro-marzo, do mesmo curso escolar en que teña lugar a convocatoria de probas libres.

 

Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción. 

A solicitude poderá realizarse mediante o asistente informático vía web. Logo de realizada, a aplicación informática xera un impreso de solicitude. (Se este impreso non se entrega en prazo, a solicitude non terá carácter oficial e non se considerará realizada para os efectos da admisión)

 

Para máis información  ir á PROBAS LIBRES DE TÍTULOS DE FP LOE 

Outras novas