Secretaría

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE 2º CURSO DE CICLO FORMATIVO PROFESIONAL. CURSO 2021-2022


Mércores, 16 de xuño de 2021

O alumnado do IES Rosalía Mera que promociona de 1º a 2º curso dun ciclo de grao medio ou superior, así como o alumnado que ten que repetir 2º curso ou que queira facer as FCT no período out-dec neste centro DEBERÁ PRESENTAR SOLICITUDE DE MATRÍCULA na Secretaría do IES na seguintes DATAS e HORARIOS segundo o ciclo formativo que estude:

 

MARTES, 6 DE XULLO DE 2021 

Preimpresión dixital.................……...............ás 9.30 horas

Impresión gráfica ………………………........ás 10.30 horas

Deseño e xestión da produción  gráfica...ás 11.30 horas

Instalación e amoblamento........................ás 12.30 horas

 

 

MÉRCORES, 7 DE XULLO DE 2021 

Mecanizado…………………..........................ás 9.30 horas

Instalacións eléctricas e automáticas ........ás 10.30 horas

Soldadura e caldeiraría………………….......ás 11.30 horas

Mecatrónica industrial ……….………….......ás 12.30 horas

 

Para descargar a solicitude de matrícula e autorizacións que hai que presentar debidamente asinadas na secretaría pincha  o seguinte enlace:

 

Impresos para tramitar alta de matrícula no IES Rosalía Mera

 
Nota: Lembrade que debedes achegar tamén unha copia do DNI actualizado.
 

Para máis  información sobre o proceso de matriculación podedes acceder ao seguinte enlace Tramitación de matrículas

 

Nota para o alumnado procedente doutro centro

O alumnado que proceda doutro centro de ensino e queira solicitar matrícula en 2º curso DEBERÁ presentar previamente solicitude de admisión (Anexo I) na Secretaría do centro entre o 25 de xuño e o 5 de xullo, xunto coa fotocopia de DNI; certificación académica na que conste o expedente académico do centro de ensino onde realizou o último curso e certificación académica na que conste o expedente académico e nota media coa que accedeu ao ciclo, sendo os criterios para a admisión os recollidos no capítulo III da Orde do 15/06/2016 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicada no DOG nº 120 do 27 de xuño 2016.

 

 

Recordatorio:
as persoas que  teñan que acceder ao centro de ensino para realizar calquera trámite deberán ir provistas de MÁSCARA E BOLÍGRAFO e respectar en todo momento as medidas de prevención e hixiene fronte ao covid-19 marcadas polo centro 

 

Outras novas