Mércores, 21 de xullo de 2021
Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas dispoñibles desde o día 21 de xullo ás 9:00 horas ata o día 26 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.
Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.
As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.
A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.
Podedes consultar os ciclos formativos nos que quedan prazas dispoñibles accedendo á páxina da Consellería de Educación no seguinte enlace: