Secretaría

MATRÍCULA DE ALUMNADO DE 1º CURSO DE CICLO FORMATIVO PROFESIONAL. CURSO 2022-2023


Xoves, 2 de setembro de 2022

O alumnado ao que se lle adxudicou un praza o día 2 de setembro (3ª adxudicación) nun dos ciclos formativos de Grao Medio ou Superior do IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría deste centro educativo no prazo improrrogábel que abrangue desde o XOVES, 2 DE SETEMBRO ATA O MARTES, 6 DE SETEMBRO DE 2022.

 

O alumnado ao que se lle adxudicou unha praza  nun dos tres ciclos formativos de FP BÁSICA do IES Rosalía Mera deberá realizar a matrícula na secretaría deste centro educativo desde o 20 de XULLO.

IMPRESOS E DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR ALTA DE MATRÍCULA:

►Impreso de matrícula:

            • Solicitude de matrícula Ciclos Medio e Superior

            • Solicitude de matrícula en FP Básica 

 

NOTA: no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal e no caso de estar separad@s @s proxenitores deberán estar asinada por ambos, tendo que achegar copia do convenio regulador ou sentencia de divorcio).

 

►Autorización para saídas, uso de imaxe, creación de conta G-Suite e cesión de datos alumnado

►Documentación:

  • 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • Fotocopia DNI (+ DNIes nai e pai en  caso de menores de idade)
  • Certificación académica na que conste que foi proposto para o título co que accede ao ciclo e as taxas do mesmo pagadas (para alumnado de Ciclo Medio e Superior).
  • Informe facultativo e resolución de recoñecemento do grao de discapacidade  (para o alumnado que accede pola cuota de diversidade funcional)
  • Comunicación de incorporación á FP Básica ( modelo anexo IV)

 

Para máis  información sobre o proceso de matriculación podedes acceder ao seguinte enlace Tramitación de matrículas