Residencia

SEMANA DO SAMAÍN

cartel semana samain outubro 2022.jpg

As dúas vindeiras  semanas realizaranse diversas actividades na Residencia IES Rosalía Mera para celebrar o Samaín.

Os/as residentes terán a oportunidade de realizar o clásico obradoiro de cabazas, no que poderán decoralas utilizando distintas técnicas de artes plásticas (pintura, carvado, etc.).

Ademais poderán experimentar na súa propia pel e poñer en práctica diferentes técnicas de maquillaxe e caracterización nas que deixar voar a súa imaxinación, con propostas de terror cheas de sangue e cicatrices.

Para pechar as celebracións, o día 2 de novembro, celebrarase a velada de terror "Zombie Attack". A velada iníciase coa noticia de que se produciron unha serie de explosións e liberouse un contaminante que infectou a parte da poboación converténdolles en zombies. Os/as residentes teñen un tempo máximo para tratar de saír do edificio e dirixirse ás saídas para chegar ao transporte que evacúa ás persoas non infectadas; pero o camiño estará cheo de sorpresas e contratempos que deberán de superar para conseguir o seu obxectivo. Pero coidado, hai zombies merodeando o edificio polo que terán que escapar deles para non infectarse e converterse en zombies. Todo un reto terrorífico.