Residencia

GRAN XOGO - UN MINUTO PARA GAÑAR

cartel-gran-xogo-6-decembro-2022.jpg

O martes 6 de decembro, festivo na residencia, o alumnado residente poderá participar nun gran xogo.

Con motivo do día festivo celebrarase unha merenda especial no comedor, unha chocolatada, a base de chocolate con churros para entrar en calor e prepararnos para a actividade.

Despois da merenda, realizarase un gran xogo no que poderá participar o alumnado residente que así o desexe. Faremos a nosa propia versión do mítico programa "Un minuto para gañar", no que os/as residentes terán que enfrontarse por equipos aos seus compañeiros/as demostrando a súa habilidade e bo facer. Un xogo cargado de risas e diversión, onde o resultado non é o máis importante, senón as ganas de pasalo ben e o bo ambiente.