Ante a proximidade do 25 de novembro "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres", o alumnado da Residencia do IES Rosalía Mera terá a oportunidade de participar nas seguintes actividades: na actividade Exprésate, nun taller da campaña #Defronte e nun taller de Rompe o Silencio.
Dentro da actividade semanal Exprésate o vindeiro martes 14 de novembro visionarase o filme "Te doy mis ojos", para o martes 21 realizar unha análise - debate do mesmo. Unha película que nos serve para debater xa non só sobre os malos tratos á muller senón tamén sobre os malos tratos intrafamiliares.
Impulsada desde a área de igualdade da Deputación da Coruña, esta edición da campaña #Defronte pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no lecer nocturno que teñen como publico obxectivo á xente nova. A actividade realizarase o próximo 20 de novembro, consistirá nun obradoiro Stop Motion onde realizar micro pezas audiovisuais que aborden de maneira sinxela e moi visual a complexidade das violencias sexuais en contextos nocturnos e de festa.
Desde "Tierra de Hombres" tráennos un obradoiro do proxecto "Rompe o Silencio" cuxo obxectivo é "Sensibilizar sobre a violencia sexual na Infancia e na Adolescencia". Esta actividade desenvolverase o próximo 21 de novembro.