As dúas próximas semanas na actividade Recreando o alumnado da Residencia IES Rosalía Mera poderá participar na elaboración de adornos do Nadal para decorar a residencia para as vindeiras festas.
Como cada ano elaboraranse adornos de nadal con novos deseños utilizando diferentes materiais e técnicas, que logo se utilizarán na decoración da residencia con motivo das festas de nadal. Os/as participantes converteranse nunha sorte de elfos/as axudando a decorar para encher de alegría e ilusión os espazos da residencia.